Friday 17 de May de 2024

A estación móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas e de obras e servizos estará na unitaria de Ons o xoves 9 de marzo


O Concello de Brión informa de que a estación móbil UM3 que realiza a inspección técnica periódica de vehículos agrícolas e de obras e servizos vai estar na explanada da Escola Unitaria de Ons o xoves 9 de marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Os veciños e veciñas que desexen realizar esta inspección deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.cycitv.com.